lunes, 21 de febrero de 2011
O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo
O pasado 18 de febreiro remataron unha serie de actividades que o Departamento de Lingua e Literatura Galegas, xunto con outros departamentos, veu realizando desde finais de xaneiro. Nesta ocasión colaborou o Departamento de música.
O acto comenzou coa interpretación de “Adiós ríos; adiós fontes” por parte de alumnado de 4º ESO e 1º BAC de música, dirixidos pola profesora do noso centro Mª Luisa.
A continuación, houbo unha conferencia a cargo da profesora Mª do Pilar García Negro, autora do libro: O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, que está na biblioteca. A charla xirou arredor das obras de Rosalía "Cantares Gallegos" e "Follas Novas".
Seguidamente aludiu ao poema que acababan de interpretar os alumnos do noso centro, onde hai que salientar tres elementos: A lingua galega, o eu autorial e o eu lírico, sendo nesta ocasión, un emigrante.
Fixo tamén referencia ao feminismo, xa que Rosalía combate que a diferenza sexual non pode ser empregada como termo de diferenzas sociais. Ademáis, Rosalía rebélase contra a igrexa e a xustiza e exemplo disto témolo no poema: “ A xustiza pola man”, composición que non ten parangón en ninguha outra literatura europea e mundial. Concluíu coa alusión á “ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA” , facendo referencia a que Rosalía é para as nosas Letras e Cultura o que son Shakespeare para a literatura inglesa ou Beethoven para a música.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario