viernes, 18 de febrero de 2011
Novidades, colaboradoras e bilbiopuntos
Non sei si sabedes o que teñen estas tres palabras en común. O caso é que as dúas voraces lectoras das fotos son tamén as nosas mellores colaboradoras. E así lles vai, que non paran de ler, escribir e gañar bibliopuntos.
De feito, poideron xa escoller varias das novidades que acaban de chegar á biblioteca. Lucía escolleu o libro "El palacio de la luna" de Paul Auster, do que tivo noticias na novela "Corredores de sombras".
Teresa, pola súa parte, tiña moitas ganas de ver a película de "Eclipse", así que a pediu en canto conseguiu dez bibliopuntos. Grazas a elas, a biblioteca ten máis fondos ao gusto dos usuarios.
Dende a biblioteca animámosvos a seguir lendo, enviando críticas e participando nos nosos concursos, a maneira máis rápida de conseguir os libros e as pelis que máis vos gustan.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario