
Este título tan imperativo corresponde ao libro elexido pola nosa colaboradora especial Teresa López de 1º ESO A. Como xa completou os seus primeiros cinco bibliopuntos, puido elexir o libro que a biblioteca xa adquiriu e ela xa leu. Velaí tedes a súa crítica: É un libro cheo de emoción e de aventuras que cando o comezas non podes parar de leer. Cando un neno se queda sen nai é moi duro superalo , e cando o consigue facer o mellor seu pai xa estableceu relacion con outra moza . Iso é moi duro para os nenos e sobre todo se se eencontran nunha idade tan conflictiba como a de Elia . Elia séntese fatal o pensar que unha muller poida substituir a súa nai, polo simple feito de que non estea.
Fina Casalderrey é unha excelente autora que soubo definir o que estes nenos que se quedan sin nai senten ó saber que o recordo da súa nai vai a ser reemprazado .
2 comentarios:
felicidades!!!!
felicidadess wapaaaaaaa sigue asi e seras a millor da biblio, jejejejejejejeje....e moitosss bkñs
:)
Publicar un comentario