jueves, 11 de noviembre de 2010
Crispín D’olot: un artista superlativo
Onte tivemos a honra de gozar dun espectáculo digno de eloxio, admiración e lírica. Que mellor xeito de celebrar o día da biblioteca, que foi o pasado 25 de outubro, pero que por causas adversas non se puido celebrar no seu día, que lembrando aos clásicos da literatura, nesta ocasión, en lingua castelá.
Crispín D'olot deleitou coa súa recreación de Quevedo, en primeiro lugar, aos de 1º e 2º da ESO, que botaron unhas risiñas maliciosas a conta dunhas partes moi concretas do noso corpo.
A continuación, máis dun centenar de adolescentes de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato mantivéronse pegados á silla durante máis de noventa minutos atentos e escoitando a recreación musical, histórica e humorística que o xograr Crispín D'olot fai da literatura castelá.
A xulgar polas gargalladas seica pasárono moi ben: partindo do século XII viaxaron co mester de xograría, de clerecía, o Lazarillo, a Celestina, Góngora, Garcilaso e Quevedo, entre outros, ao tempo que descubriron uns textos clásicos de rabiosa actualidade, cantaron, riron, aprenderon o que é unha zanfona ou como facer música con dúas culleres de madeira.
Nesta viaxe tan fantástica Crispín é un excelente conductor: xenio e figura ata a sepultura. O artista non só selecciona os textos con maestría, fai unha excelente adaptación músical deles, continuos guiños aos espectadores e declama que da gusto oilo. Se foches dos que quedaches con gañas de máis pica aquí.
Ver para crer, porque o teu é puro teatro. Ata a próxima, Crispín, “si vuesas mercedes se dignaren visitar esta humilde morada de estudio y lectura”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Vemos que vós tamén sucumbistes ó bon facer do trobador. Advertímosvos que xa estades enganchados, nós trouxémolo o ano pasado e repetiremos, non só porque o piden os alumnos/-as senón tamén os compañeiros.
Con la venia de vuesas mercedes,
quero felicitar a Biblioteca, con
Raquel á cabeza, pola boa idea de
traer ao Xograr Crispín D`olot en
días pasados.
E difícil, en tan pouco tempo,
conseguir un repaso a parte da nosa
literatura tan maxistral,didáctico e entretido.
Espero que algo similar o repitades. Felicidades
Publicar un comentario