viernes, 29 de octubre de 2010
Halloween e teatro: a combinación perfecta para morrer de risa
O 31 de outubro é o Halloween, pero no noso instituto celebrámolo por anticipado cun concurso de cabazas, móbiles (de colgar) e galletas. E ahí tedes a mostra: curiosas cabazas, un móbil orgánico e un dedo sangriento. Tremebunda combinación!!!!!!!!!! Eso sí, todo feitiño na casa, como ten que ser, polos nosos alumnos.
Pero isto non é suficiente. Hai que falar inglés, escoitar inglés e non só adoptar os costumes americanos. Así que o Concello de Lugo, ao que agradecemos a súa invitación, convidounos a asistir á obra de teatro en inglés: "Going underground" da compañía de teatro "Moving on", onde puidemos aprender moitas cousas sobre o metro londinense, cantar e botar unhas risas (en inglés, eso sí).
O 29 de outubro, venres pola tarde víspera de ponte, acudimos dous profesores e 54 alumnos voluntarios e ilusionados ao Auditorio "Gustavo Freire" de Lugo, aos que isto do inglés seica lles mola. Oh yeah!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Un halloween celebrado por adiantado, pero con moitas risas.
O concurso ,que celebramos , é moi orixinal. Temos unhas cabazas do máis divertidas e unha galleta moi orixinal, que debe de estar moi rica.
A obra foi moi divertida e rímonos moito, aprendendo o mesmo tempo un pouquiño máis de inglés.
Ah! Moitas felicidades para os actores do noso instituto. Fixéstelo moi ben!
A obra de teatro estivo moi ben, rimonos moito e pasamolo xenial.
Un Saudo.
La obra me gustó y me lo pasé bastante bien, con muchas risas,aunque no entendí prácticamente nada de lo que decían
Moi divertida a obra de teatro, estuvo genial, parte grazas os nosos compañeiros!! Espero que volva haber moitas obras de teatroa en inglés este curso!
Moi bonitas e divertidas as calabazas de halloween, felicidades a todos os participantes!
Publicar un comentario