Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 16 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026: Actividades en torno a Begoña Caamaño

 


Comezamos o mes de maio quentando motores coa exposición da obra de Begoña Caamaño, a quen este 2026 está adicado o Día das Letras Galegas. Complementamos a mostra cos carteis enviados pola Consellería e que serviron de base para o concurso "Descubrindo a Begoña Caamaño" no que participaron tanto alumnado coma profesorado, os cales fixeron un gran esforzo por ler, averiguar e ser os mais rápidos en conseguir os ansiados premios.






Ademais, elaboramos a postal conmemorativa para agasallar non so ao persoal do centro, senón tamén aos peregrinos que cruzan a nosa vila aos que explicamos que  o 17 de maio é a nosa gran festa da Lingua e aos que falamos de Begoña Caamaño. Toda unha gran experiencia de comunicación e extensión cultural!














No hay comentarios: