Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 20 de marzo de 2026

Día da poesía 2026

 

 


     Un ano mais celebramos o Día da poesía que con tanta ilusión comezou o noso compañeiro Eduardo Rey Moure. Os trece centros de ensino da comarca de Sarria participaron nun acto conxunto na Praza da Vila  con música, poemas e ata lingua de signos. Nesta edición a temática foi a poesía relacionada co monte, e por isto a vaga de lumes do pasado verán estiveron moi presentes.

    Dende a biblioteca participamos activamente na súa organización e congratulámonos de ver o esforzo de tantos centros educativos e de tantas persoas para que cada ano a implicación sexa maior e a poesía se sinta dun xeito tan profundo. 
    
    Invitámosvos a achegarvos á nosa biblioteca e descubrir a poesía do expositor, onde temos poesía por un tubo. 


       

No hay comentarios: