O teatro en inglés volveu encher o salón de actos do noso centro unha vez mais cunha obra moi activa e participativa. A compañía Face2face contounos a historia de dous gansters que tentan vender varios libros de Shakespeare roubados dunha biblioteca. Descubrimos así a súa visión particular de Hamlet, Macbeth, Othello e outras obras do famoso William Shakespeare grazas á risa, a música rap e a interacción co noso alumnado, quen estivo moi atento durante toda a actuación.
E se queredes saber mais, o maravilloso mundo de Shakespeare agárdavos na biblioteca. Esta actividade estivo organizada pola biblioteca e o departamento de inglés.


No hay comentarios:
Publicar un comentario