Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 27 de marzo de 2025

Acudimos á entrega do XXVIII Premio de novela San Clemente





O 25 de marzo acudimos a Santiago para participar na entrega dos premios da 28ª edición do Premio literario San Clemente, organizado polo Instituto IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Os seis alumnos representantes do IES "Gregorio Fernández" participaron como xurado deste certame a prol da cultura literaria que, ao mesmo tempo, serve para fomentar o hábito lector entre o alumnado. Nesta edición os premios foron para Antón Riveiro Coello por Hotel Carioca na categoría de lingua galega, Alejandro Zambra por Literatura infantil na categoría de lingua castelá e Maggie O’Farrell por El retrato de casada en lingua estranxeira.

Foi unha actividade especialmente emotiva presidida polo  Conselleiro de Educación da Xunta, quen destacou que os premios son fallados polos estudantes de distintos institutos galegos, de Madrid e incluso de Francia, Inglaterra e Alemaña, o que fai que sexan “uns galardóns especiais ao amosar que temos unha mocidade lectora que goza coa literatura”. 

O acto rematou cunha cena no Hostal dos Reis Católicos, onde tivemos a oportunidade de compartir mesa cos  autores premiados e charlar con eles de tú a tú. Foi unha xornada preciosa que nos fixo sentir a proximidade de autores de primeira liña e nos animou a todos os participantes a seguir lendo.













Podedes ler e escoitar mais  o publicado sobre esta edición do premio picando en XXVIII Premio San Clemente, La Voz de Galicia, El Correo GallegoRadio Galega

Dende a nosa biblioteca queremos agradecer o convite feito por Marta Gende do IES Rosalía de Castro a participar tan activamente nesta actividade e ao noso alumnado tan apaixoado pola lectura e as actividades culturais.

No hay comentarios: