Este 2025 conmemórase o 75 aniversario do pasamento do gran Castelao, e con este motivo dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca preparamos unha pequena mostra arredor da súa figura expoñendo as obras dun facsímil das súas ilustracións para o álbum Nós.
En primeiro lugar, o alumnado tivo que buscar información agochada na biblioteca sobre aspectos relacionados coa vida e obra de Castelao para logo analizar as ilustracións e os comentarios que as acompañan no material exposto nas mesas da biblioteca. Pero o saber non remata aí, polo que ademais todo o alumnado do IES Gregorio Fernández pode demostrar as súas dotes artísticas tomando como inspiración as ilustracións orixinais de Castelao para crear as súas propias, coas que faremos unha nova exposición, na que haberá premios para os mellores. Non te demores, agardamos as vosas obras na biblioteca ata o 7 de febreiro.
Esta exposición coincide no tempo co 30 de xaneiro, Día da Ilustración, elemento tan presente na nosa biblioteca. Sabiades que nestes momentos os libros mais emprestados son determinados libros ilustrados?
No hay comentarios:
Publicar un comentario