Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 22 de junio de 2023

Presentación da revista "Arela dun soño" e do programa número 100 de Radio Bolboreta

 Como xa sabedes este curso remata cunha perda irreparable, a do noso compañeiro Eduardo Rey Moure, quen nos deixou de xeito repentino e totalmente inesperado o pasado 6 de xuño.

"El Progreso" de hoxe recolle o último acto cultural co que onte pechamos o curso e do que Eduardo, activo dinamizador tanto na revista como en radio Bolboreta, estaría orgulloso. Así que cun sonoro aplauso cara ao ceo, todos os presentes no acto comprometémonos a que a radio, a revista, a biblioteca e, sobre todo, a lingua e a cultura galega sigan medrando no IES Gregorio Fernández tal e cómo Eduardo nos ensinou.

Que teñades un bo verán. Vémonos en setembro!



No hay comentarios: