11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Desde o equipo da biblioteca Fiz Vergara Vilariño queremos reivindicar este día.
A día de hoxe, cabe salientar que, segundo as datos achegados das universidades, a brecha de xénero estase a facer máis acusada: as rapazas xa dende o ensino medio, tenden á rama humanista e os rapaces, a científica. De xeito, esta brecha é aínda máis significativa na actualidade que nos anos 80.
Na seguinte ligazón, podedes ler con máis detalle sobre os exposto anteriomente AQUÍ
Por todo isto, gustarianos que visitedes @nomorematildas, un sitio xenial creado por científicas onde podedes afondar na invisibilidade da muller na ciencia, porque houbo grandes científicas pero foron invisibilizadas na historia. Ademais, poderedes atopar outros materiais moi interesantes como este anexo que vos adxuntamos a continuación, tomado da súa páxina web concretamente de aquÍ:
Por certo, na nosa biblioteca tedes á vosa disposición, entre outros, estes dous libros recomendables: Pioneiras galegas que abriron camiño volume 1 e 2.
#bibliotecafizvergara
#Bibliotecasescolaresdegalicia
#nomoreMatildas
#Díainternacionaldamullereanenanaciencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario