viernes, 26 de noviembre de 2021
No 25 de novembro berramos NON
Os días previos ao 25 de novembro, Día Internacional para a elminación da violencia contra a muller, foron días intensos e moi colaborativos no que a comunidade educativo do IES "Gregorio Fernández" implicouse a fondo para conseguir que ogallá este Día pase á historia e non teñamos que lembralo mais, porque por desgraza a violencia e os machismos seguen existindo.
Como vedes nas imaxes, houbo concurso de carteis, exposición de libros relacionados co tema, gravación de audios e conversas machistas que se escoitaron en todo o instituto, pegada de mensaxes alusivos a esta lacra en grandes lazos e nas palabras NON, lectura do Manifesto polo alumnado de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e creación da figura en negro coa palabra NON con mais de 250 particpantes dentro do pabellón dos institutos e no patio exterior. Foi unha gran xornada colaborativa, emotiva e moi sentida na que todos puxemos o noso graniño a favor da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario