Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Voltamos con moitas ganas e moito protocolo

Por fin voltamos. Ilusionados, con ganas e con moita precaución. Moito voltaron as cousas desde marzo de 2020. Falta alegría, falta ruido e falta xentiña na biblioteca. Aínda así, seguimos abertos e accesibles, non o dubides. Entretanto, idevos familiarizando co Protocolo de acceso e uso da biblioteca para este curso: 1) A biblioteca poderá ser usada ata o 50 % do seu aforo. Excepcionalmente, se fose posible polo tamaño da mesma, o equipo directivo pode ampliar ou reducir o aforo sempre que se cumpran as condiciones de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado. 2) O aforo da biblioteca é de 16 persoas sentadas e 4 de pé e en movemento. Aforo total: 20 persoas. 3) O acceso realizarase pola porta de entrada tradicional da biblioteca. 4) O alumnado debe hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala. 5) Para solicitar un libro en empréstito os usuarios deberán dirixirse á ventá de acceso á biblioteca. Non se poderá usar a porta da oficina onde estará o profesorado do equipo de biblioteca para realizar empréstitos. 6) Ao rematar, os usuarios da biblioteca hixienizarán os postos que teñan ocupado. O profesor encargado nese momento botará o produto para desinfectar e os usuarios limparán o posto co papel. 7) A saída da biblioteca farase pola porta que da ao exterior do centro para evitar que coincidan usuarios que entran e saen da biblioteca. Circularase pola dereita. 8) O préstamo de libros ou outro material realizarase de xeito habitual aínda que o devolto deberá permanecer en caixas identificativas e illadas como mínimo catro horas antes de volver aos andeis. 9) Evitarase o uso de xogos de mesa e materiais semellantes cando implique un uso compartido mentres dure a situación excepcional. 10) O uso da máscara é obrigatoria en todo momento. 11) Ventilaranse os espazos da biblioteca coa maior frecuencia posible e como mínimo 15 minutos ao inicio, no lecer e ao final da xornada. 12) Para o uso da biblioteca durante as clases, o profesorado correspondente solicitará cita previa anotándose no caderno que estará na oficina da biblioteca.; sen esquecer que no uso do material e equipos compartidos hai que hixienizar as mans antes e despois. 13) Os ordenadores só poderán usarse con fins educativos e os usuarios deberán hixienizar os protectores de teclado. 14) Organización de espazos e tempos: O obxectivo das seguintes medidas é a non aglomeración de persoas para garantir as medidas de distanciamento físico interpersoal. Por isto, o horario de empréstito e acceso libre para o alumnado durante os recreos será:  1º ESO: Luns  2º ESO: Martes  3º ESO: Mércores  4º ESO e FP Básica: Xoves  1º e 2º Bacharelato: Venres O alumnado de Ciclos Formativos poderá acceder calquera día durante os seus respectivos recreos. O profesorado que propoña libros de lectura recomendada será o encargado do empréstito e recollida na aula en colaboración coa coordinadora da biblioteca.

No hay comentarios: