Na entrada do noso centro temos exposto un gran mural con traballiños feitos polo alumnado de 1º dos Ciclos de Administración en torno ao 8M e a unha das pioneiras galegas que están de celebración: Concepción Arenal.
O alumnado de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa traballou cos obxetivos e os retos do 8 de marzo en clase de inglés, facendo uso das destrezas adquiridas durante o obradoiro de Lettering impartido recentemente.
O alumnado de 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas elaborou uns traballos sobre a obra e figura de Concepción Arenal, da que acabamos de celebrar o bicentenario do seu nacemento. Para isto, traballaron durante o módulo de Ofimática en torno a esta muller e grazas a esta idea da profesora Raquel Leiro, conseguiron saber moito sobre todo o que tivo que loitar como muller discriminada nos tempos que lle tocou vivir. A profesora de inglés e coordinadora da biblioteca Raquel Arias decidiu visibilizar este traballo e aproveitar a ocasión para aprender mais vocabulario en inglés e poñer en práctica a creatividade e o Lettering confeccionando os vistosos carteis que podedes ler. É sempre un pracer montar e expoñer obras coas que tanto aprendemos e que serven de base do coñecemento desde esta nosa biblioteca.
Mais ningunha mostra pode estar completa sen os libros que sempre nos acompañan e nos fan mais libres. Así que ahí queda a mostra de libros adquiridos recentemente en torno á muller, a igualdade e a coeducación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario