Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 14 de febrero de 2020

Lettering na biblioteca. Obradoiro de caligrafía creativa


Esta nosa biblioteca é un espazo bule-bule, sempre creativo e sempre dando entrada á imaxinación, a creatividade e á forza da palabra. As palabras están compostas por letras, e as letras son a voz da mensaxe. Así que fai pouco descubrimos os obradoiros de Lettering ou caligrafía creativa. Foron impartidos por Mónica Martínez da empresa viguesa Sopa de Letras e dirixidos ao alumnado de 1º dos Ciclos Medio e Superior de Administración.

O lettering é unha ferramenta persoal que comunica, é expresivo, o autor debuxa, coñece as letras e os distintos alfabetos, estimula a creatividade, leva tempo pero fai que a calma, a concentración e a reflexión veña a ti. É unha actividade realmente enriquecedora en todos os sentidos. Saboreas o proceso e aprendes moito. O alumnado estivo realmente aplicado e colaborador, así que confiamos en ver resultados das súas obras de arte moi pronto.

Graciñas a Mónica por ensinarnos tanto en tan pouco tempo e a todos os aplicados participantes.


No hay comentarios: