Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 3 de octubre de 2019

Bibliotour 2019


Como cada novo curso, o alumnado de 1º de ESO acudiu á biblioteca para familiarizarse con todos os materiais e servizos que esta ofrece. Foi un pracer ver tanta xente nova con ganas de ler e gozar dos nosos fondos, así que agardamos que a biblioteca sexa o lugar mais visitado onde sempre estará agardando o libro que precisas, a película que che encanta, o xornal ao que lle queres botar un ollo ou a revista con toda a información da túa afección favorita. Temos tamén seis ordenadores con conexión a Internet para uso escolar. E, por certo, moito manga, así que volvede por aquí. Quedaredes abraiados!
Benvidos! Confiamos en que a información hoxe recibida vos sexa útil e convidedes ás vosas familias a achegarse pola biblioteca, laboratorio de soños e exploracións.

No hay comentarios: