Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 5 de junio de 2019

"O agro e as medidas tradicionais no refraneiro"


Acabamos de montar na entrada do noso instituto unha exposición que leva por título: "O agro e as medidas tradicionais no refraneiro". Nela podedes ver unha serie de ditos e refráns que pertencen a todo ese patrimonio inmaterial da nosa lingua e cultura popular recopilados polo noso alumnado de ESO e Fp Básica. Están ilustrados por fotografías orixinais tamén feitas polos alumnos e profesores coordinadores deste orixinal traballo.
Todo este conxunto foi elaborado dentro do Plan Proxecta e enmarcado no programa "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional" e estuvo dirixido polos profesores Mar Peña e José Antonio Ferreiro, ambos pertencentes ao equipo de biblioteca. Noraboa por esta iniciativa e que non se perda todo este saber tan sensato, tan noso e tan galego.
E ti, sabes algunha expresión mais sobre o agro e as medidas tradicionais? Achégate á biblioteca e dínola. Engadirémola á mostra.

No hay comentarios: