Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 7 de mayo de 2019

Inmersión lingüística no Camiño


O pasado 30 de abril a Biblioteca e mais a profesora de inglés que imparte en 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas organizamos unha peregrinaxe a Barbadelo con varios obxetivos. O primeiro era adentrarnos no tramo do Camiño Francés mais próximo a Sarria, pero pouco coñecido para moitos dos participantes nesta camiñata. O segundo obxectivo era interactuar cos peregrinos en inglés, o cal conseguimos sobradamente ao tempo que intercambiabamos impresións sobre esta experiencia. A actividade tiña ademais un terceiro obxectivo para o cal organizamos un concurso de fotos á mellor instantánea feita durante o camiño, e descubrimos como hai pequenos grandes fotógrafos entre o noso alumnado.
Houbo tamén premios para os alumnos mais amables e participativos, os que falaron cun maior número de peregrinos de distintas nacionalidade e os que conseguiron que ditos peregrinos ubicasen nun mapa mundi a súa localidade de orixe. Todos os premiados recibiron as libretas que este curso enviou a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Noraboa e seguide aproveitando as oportunidades que o Camiño nos ofrece para practicar inglés, achegarnos a outras culturas e realidades, e gozar desta natureza privilexiada que tanto destacaban os peregrinos que por aquí pasan.

No hay comentarios: