Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 9 de abril de 2019

Día do Libro 2019 - Libros dos que quedamos colgados


E por fin o vídeo mais esperado da tempada no que conseguimos que mais dun cento de participantes posaran con ese libro especial do que quedaron colgados nalgún momento da súa vida.

Esta experiencia descubriunos varias cousas: que en moitas casas agóchanse esas lecturas en varias linguas das que os nosos usuarios non queren desprenderse e que gardan coma un prezado tesouro. Ademais, moitas desas persoas falaron con emoción da súa historia persoal a través deses libros e de como e cando quedaron colgados deles.

Grazas por participar e seguide buscando libros que enganchen e dos que unha vez mais quedaredes colgados! Bo Día do Libro!


No hay comentarios: