Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 12 de marzo de 2019

Obradoiro de fotografía



Achégase a Semana Santa, tempo de lecer e de ir quentando motores para a IV Edición do Concurso de Fotografía Matemática que organiza o Departamento de Matemáticas en colaboración coa biblioteca. Co fin de aumentar os nosos coñecementos sobre a arte da fotografía e mellorar as nosas fotos, dende a biblioteca invitamos a Salomé Fresco Barbeito, veterinaria e experta en fotografía con varios premios por este motivo no seu haber, a facer un obradoiro sobre o tema.
A charla estivo dirixida ao alumnado de 3º, 4º da ESO e de 2º de FP Básica. Resultou realmente amena, dinámica, interesante e moi productiva. Grazas a Salomé, algúns dos asitentes xa observamos a realidade con outros ollos e collemos ideas para futuras obras de arte. Grazas Salomé polo teu tempo e adicación e grazas ao alumnado que se portou de xeito exemplar abraiado por todo o que ti sabes e tan ben transmites. Queremos aprender mais, polo que agardamos unha segunda parte.

No hay comentarios: