Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 22 de febrero de 2019

Día de Rosalía


O 24 de febreiro é o Día de Rosalía, que este ano se celebra o 22 nos centros de ensino, así que dende a biblioteca sumámonos a esta conmemoración expoñendo a obra da gran poeta galega e varias imaxes da súa cara. Animámosvos non só a que vos acheguedes á súa obra, senón tamén a que escoitedes o último programa de Radio Bolboreta especial Rosalía.
Trátase dunha nova entrega de Poesía es ti. Nel atoparedes moitas cousas: impresións do alumnado tras visitar a casa-museo en Padrón, un poema no que participan todas as traballadoras do centro, unha entrevista ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, e algunha sorpresiña mais.
É este un programa sinxelo, fermoso e moi sentido, que conseguiu que todas as mulleres traballadoras deste centro leran uns versos de Rosalía de Castro. Grazas por facernos partícipes desta fermosa homenaxe!


No hay comentarios: