viernes, 18 de enero de 2019
"Imos lendo", tamén en Radio Bolboreta.
Radio Bolboreta está moi activa. Acaba de saír o primeiro programa da serie Imos lendo, no que falarán de libros, lectura,... e tamén algo de cine. O último programa é unha entrevista a Lois, excompañeiro que estivo liado co noso club de lectura xuvenil nos seus inicios.
Ademais, dentro de Radio Bolboreta van adicar unha serie de programas ao longo do ano á Poesía, dado que este ano o lema das bibliotecas escolares é Poéticas diversas, e tamén, por suposto, porque nos gusta a poesía. O programa chamarase Poesía es ti.
Estes programas consistirán no recitado de poemas por parte de todo o alumnado e o profesorado que o desexe. O alumnado e o profesorado escollerá de 1 a 3 poemas que lle gusten e pasará a realizar a grabación dos mesmos cando así o desexe, no departamento de idiomas (poñédevos en contacto con Eduardo para isto).
Se non tedes un poema preferido, hai unha listaxe de poemas de onde podedes elixir. Cando os teñades decidido avisade para que non se produzan repeticións.Os programas que se vaian montando serán unha mestura dos poemas grabados e iranse publicando ao longo do curso. Esta convocatoria está tamén aberta a exprofesores e exalumnos.
Como vedes nas imaxes, as gravacións xa comezaron. Resulta unha experiencia innovadora, gratificante e moi agradable. Escoitádevos e espallade poemas. Paga a pena!
Dende Radio Bolboreta, agradecen a vosa colaboración e anímannos a participar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario