Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 12 de diciembre de 2018

O Nadal vaise achegando á biblioteca

Moitas novidades temos este ano no noso expositor de Nadal. Como vedes, contamos cunha árbore de fabricación propia, neste caso elaborada no taller polos alumnos de 2º de Fabricación Mecánica baixo a dirección do seu profesor Xosé Antonio Ferreiro. O resto dos elementos sairon da imaxinación e o bo facer de varios membros do equipo de biblioteca. Ollade con atención!!!
Sabíades que tamén se poden facer bonecos con libros, ou apalpadores coas cousiñas que andan pola casa?
E entre tanta cousa non deixedes de prestar atención ás novidades e suxestións que están no expositor de Nadal. Hai novelas gráficas fantásticas, así que dádelles unha oportunidade.
Seguro que tamén tedes en mente algún libriño, película ou revista que debería estar na biblioteca. Escribide nun papeliño o seu título e mais o voso nome, e depositade a solicitude na caixa de correo. O Apalpador da biblioteca fará o resto. No 2019 achegádevos e comprobade se os vosos desexos se cumpliron.

No hay comentarios: