Onte tivo lugar un agradable encontro co club de lectura xuvenil para falar do primeiro libro lido neste curso de xeito conxunto. Nesta ocasión debatemos sobre o libro de Benjamin Renner "El malvado zorro feroz", que suscitou opinións moi diversas e contrapostas. Algúns dos rapaces o ven como un libro de difícil encaixe. Dicían que non é nin para nenos nin para adultos. Será que estamos ante un libro para tódalas edades?
Trátase dunha novela gráfica de 185 páxinas que non ten viñetas, pero sí miles de debuxos que lle dan unha tremenda expresividade á historia. Aínda así, algúns dos membros do club non gustaron do trazo do debuxo. A historia é en realidade unha fábula cun bo feixe de interpretacións en torno aos roles na sociedade, nas familias e incluso na comunidade educativa.
E xa non dicimos nada mais, porque o mellor é que veñas e o leves emprestado. Nunca deixes que outro xulgue un libro por ti.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario