Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 9 de octubre de 2018

Bibliotour 2018


Xa están aquí! O pasado 4 de outubro os alumnos mais noviños do instituto visitaron a nosa biblioteca, onde se agochan moitas sorpresiñas que pouco a pouco van descubrindo. Nesta ocasión, aproveitamos para que os nosos usuarios fixaran a atención no expositor, cheo de novidades para os mais novos, no taboleiro, onde atoparedes as noticias e avisos da biblioteca, no renovado expositor de xornais e revistas, nos seis ordenadores conectados a internet para uso didáctico, no recuncho audiovisual con mais de catrocentas películas en DVD, e, por suposto, nas moitas actividades culturais que a biblioteca vos propón.
A primeira actividade será a da Mochila Viaxeira, que pronto dará comezo, e para isto o alumnado tivo que completar a ficha que vedes nas imaxes.
Boa singladura neste curso! Vémonos na biblioteca!

No hay comentarios: