Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 20 de junio de 2018

Á beira do camiño



Acaba de chegará nosa biblioteca da man do profesor Xosé Castedo, unha publicación que recibimos con gran agarimo e entusiasmo por ver unha obriña de gran calidade feita no noso instituto. Trátase do libro "Á beira do camiño", no que os textos son da profesora Chelo Bouza, as fotografías das alumnas de 1º e 2º de Bacharelato Jennifer López López, Nerea López López, Saray López Losada, María López Martínez, Nerea López Rodríguez, Antía Pardo Díaz, Andrea Pérez López, Noelia Rodríguez Fernández e Saínza Varela Pérez. A portad e maquetación foi feita polo profesor José Castedo, a revisión lingüística pola profesora de galego Ana Fernández Fernández e a traducción do Codex Calixtinus polas alumnas Nerea López López, Saray López Losada e Noelia Rodríguez Fernández.
Noraboa por este voso primeiro libro e esperamos que non deixedes de facer fotos e publicar pequenas xoias como esta, que xira arredor do Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria.

No hay comentarios: