Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 17 de febrero de 2017

ARRANCA O CLUBE DE LECTURA XUVENIL "LER DE LAR"!!

Esta mañá, durante o recreo, o clube de lectura xuvenil do noso centro -"Ler de Lar"- deu comezo ás súas actividades. Hoxe foi un grande día para os/as lectores/as do IES "Gregorio Fernández": o primeiro clube de lectura do alumnado tivo a súa primeira reunión!

Para comezar a súa andaina, o clube "Ler de Lar" deu conta da lectura do maravilloso e fascinante libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" (Xerais, 2015) unha archipremiada obra da escritora Ledicia Costas (Vigo, 1979).

A conversa resultou moi animada e interesante. Con seguridade que os "Huesitos" que paparon os/as nosos/as lectores/as terían que ver no asunto...! Fora de ironías, non fixo falta moito zucre para avivar a conversa xa que os/as asistentes ofreceron a súa aguda e intelixente mirada sobre o contido do libro.



Moitos coincidiron no feito de que a lectura do texto resultou moi amena e intrigante, salvo polo inicio do libro, do que algún dixo que era "demasiado longo e pouco animado".  Tamén houbo referencias ás personaxes do libro. Pierre centrou todas as miradas e intereses, aínda que tamén se pronunciaron voces a favor de Violeta e houbo unha mención á maestría coa que a escritora describiu as nepheas, uns seres que quedan perfectamente descritos e que logo resultaban moi semellantes no maxín dos/as lectores/as á propia ilustración que deles contén o libro.

En definitiva, a conversa resultou moi amena e os profesores que organizan o clube (Esther F. e Lois) ficaron moi abraiados coas reflexións e reseñas que o noso clube é capaz de desenvolver. Foi moi positivo comprobar a madurez dos comentarios e apuntes de todos/as a cerca desta primeira lectura. Vaia maneira de comezar!! Este clube promete!!

Nesta avaliación, agárdanos a novela gráfica "Aquí vivió". Agardamos que o nivel se manteña! Polo momento, imos repoñendo as chocolatinas...!


No hay comentarios: