Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 22 de enero de 2015

"Ahora mismitos", un xenial espectáculo didáctico en torno aos mitos clásicos


Hoxe tivemos un gran honor: asistir ao espectáculo do actor sevillán Antonio Blanco, quen nunha xenial sesión teatral, por fin nos deixou claros quenes foron Pygmalión, Zeus, Afrodita, Paris, Atenea, Venus, as ninfas e algúns persoaxes máis que aínda que son míticos e moi antigos, son moito máis actuais do que algúns pensan.
E todo isto sen parar de rir durante hora e media, cun xenial actor cunha gracia sevillana "pa jartarse de rei". Así que benvidos sexan o inxenio que xunto coa orixinalidade e a cultura fixéronnos ver que se pode pasar moi ben sen novas tecnoloxías, simplemente volvendo aos clásicos. E como guinda final, o eloxio ao libro, ese aparello que se abre e se pecha e que segue a darnos tanto.
Dende a biblioteca, queremos agradecer á profesora de latín Chelo Inés Bouza a iniciativa de traer ao noso instituto este espectáculo ao tempo que abrimos os nosos brazos a toda a comunidade educativa e ás iniciativas culturais de calidade. Benvidas sexan!
Picando no enlace tedes máis información sobre a compañía Malajesolo, que representa a obra "Ahora mismitos"

No hay comentarios: