Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 5 de diciembre de 2014

Un grupo de alumnos de 4º de ESO do IES "Gregorio Fernández" resulta finalista no certamen nacional Europeana

Fai xa un tempo enterámonos dun certamen ao que lle demos difusión grazas á colaboración do profesor de Xeografía e Historia Xosé Lois Guitierrez Faílde. A información non caeu en saco roto e él animou ao alumnado de 4º de ESO do IES "Gregorio Fernández" a participar. Chegan pois boas novas, o grupiño de 4º de ESO participante do noso instituto resultou finalista como podedes ver neste enlace
O grupiño finalista está formado polos alumnos Juan Antonio Díaz Fernández, Andrés Dono Arias, Iago Fernández Domínguez, Iago Fernández López e José Manuel Merino de Castro.
Noraboa ao profesor e alumnado participante e congratulámonos ademáis de que o traballo presentado:"Ypres, fútbol na trincheira" é ademais o seleccionado para a comunidade galego e o único escrito nunha lingua cooficial que non é o castelán. O traballo foi escrito e presentado en galego.

Dende a biblioteca sentímonos orgullosos deste éxito e desexámosvos moita a sorte na seguinte fase!!!!!!!!


2 comentarios:

Unknown dijo...

Gracias pola difusión e os ánimos!!

Carlos dijo...

Parabéns, rapaces e maiores! Este é o camiño! Ánimo e que cunda o exemplo!