Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 18 de diciembre de 2014

O Nadal chegou á biblioteca


Chegou o Nadal á biblioteca e trouxonos moitos libros novos antes de que chegaran os reis. Como vedes, os alumnos de 1º da ESO botáronse a eles tan pronto os descubriron. Ademais, este ano puxemos un buzón no que podedes pedir o que queredes que esté nos fondos da biblioteca para o 2015. E como nas vacacións ides ter tempo a ver e ler, aproveita o empréstito especial de vacacións 3-3. Podedes levar tres películas e tres libros.
E non te perdas o folleto elaborado polo profesor de xeografía Lois Gutierrez en colaboración coa biblioteca, porque LER:MOLA!!!!!!!!!
O equipo de biblioteca deséxavos o mellor para estas Festas ao tempo que vos recomenda dar unha voltiña polas moitas e feitiñas guías de lectura das bibliotecas escolares galegas. Así que se non sabedes que facer, que ler, que ver ou que regalar, pica aquí, atoparás moítisimas ideas.

No hay comentarios: