Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 13 de noviembre de 2014

Dúas estupendas mostras: "Cartas de amor" e "Xeografía miúda"

Sentímonos afortunados de poder ollar nos nosos corredores dúas fermosas exposicións.

O corredor que conduce á biblioteca está cheo dos carteis da exposición "Cartas de Amor", unha mostra gráfica para sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar formas de relación asimétricas e violentas. A iniciativa forma parte da oferta de actividades propostas pola Secretaría Xeral da Igualdade á rede galega de entidades locais contra a violencia de xénero, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.
"Cartas de Amor" é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. Con esta escolma de obras, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende motivar a reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, ante o incremento que se está a detectar dos casos de violencia verbal ou física nas relacións de parellas entre adolescentes.

A segunda mostra é dos nosos artistazos da casa, os nosos alumnos de 1º da ESO, que fixeron estas maquetas tan chulas do relevo usando pasta de modelar grazas á iniciativa do profesor de Xeografía Lois Guitierrez. Por fin visualizamos un cabo, un golfo (dos xeográficos queremos dicir) ou o que é un istmo (esa palabriña tan rara que a xente non dí). Noraboa por esta iniciativa e que non falten os traballiños e a visualización dos mesmos. Continuamos descubrindo o moito que podemos facer e que estamos a aprender!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O que nos transmiten a exposición foi rabia hacia a desigualdade entre homes e mulleres. Creemos que as persoas que violan o dereito a igualdade,deberìan ter un maior castigo.
Estivemos conversando con Gloria e ensinounos un discurso de Emma Watson que nos transmitiu unha visiòn diferente da que tiñamos.Danos a ver que tanto mulleres como homes debemos loitar para que isto cambie.(Iria,Paula,Lucìa,Auria,Laura e Dani.)

Anónimo dijo...

las obras de las ilustraciones son bastante simbólicas ya que al verlas a primera vista tienes que quedarte mirando para darle sentindo;como todas las obras de arte,cada uno le da su forma segun su punto de vista del receptor de la obra,otras ya son muy directas,cada una expresa una caracteristica distinta sobre la violencia de genero,tanto mental como fisicamente. La que más nos gustó fue una en la que el chico le quita la libertad,sus aficciones....sus ganas de todo prisionera de el,lo deja todo,pero cada uno lo expresa segun su punto de vista.(martin,camilo,jenny,jorge,yago)