Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 25 de septiembre de 2014

Tentando crear un club de lectura

Dende a biblioteca propoñémosvos crear un Club de lectura para incentivar a lectura no noso centro renovando o gusto por ela dos membros adultos da comunidade educativa: profesorado, persoal non docente, pais e nais do alumnado e alumnado de Ciclos Formativos.
Reuniríamonos unha vez ao mes nun recreo e entre todos decidiríamos os libros. Propoñémonos empezar con algo suave e relaxado para rir, aínda que estamos abertos a máis posibilidades.
Se estades interesados en participar comentádello a Begoña González ou Raquel Arias antes do venres 3 de outubro para tramitar a solicitude de participación á Consellería de Educación.

No hay comentarios: