Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 27 de marzo de 2014

Traballando co xornal na clase de inglés


Como podedes ver nas imaxes, as mesas da nosa biblioteca lucen moi coloridas. Desta vez, temos expostas dúas exposicións dos traballiños do alumnado de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 4º de ESO relacionados coa lingua inglesa. Nesta ocasión, os tres cursos traballaron co xornal "La Voz de Galicia" que lles chega un día á semana grazas á participación no Programa Prensa Escuela.
No primeiro trimestre tiveron que localizar palabras e expresións inglesas na prensa, e damos fe de que atoparon centos delas. Na segunda avaliación buscaron titulares referidos a países ou persoas angloparlantes.
Moito leron, moito recortaron e moito pegaron.....

No hay comentarios: