Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 10 de marzo de 2014

Derailed: Magnífico exemplo de teatro en inglés


O pasado 7 de marzo tivemos novamente entre nós á compañía de teatro en inglés Face2Face que representou a divertidísima obra de teatro "Derailed" na que case todos descarrilamos coa risa. Contamos ademais co alumnado de ESO da Poboa de San Xulián, os cales puideron visitar o noso centro, practicar un pouquiño de inglés e rir con nós.
Como vedes nas imaxes os actores profesionais eran tan só dous, pero víronse axudados por catro alumnos do público que se portaron como auténticos profesionais da escea.
Graciñas a todos polo excelente comportamento e pola activa participación na obra. Agardamos poder repetir a experiencia de novo.

No hay comentarios: