Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 12 de noviembre de 2013

Presentación dun libro sobre Fiz Vergara

O vindeiro xoves, día 14 de novembro, ás 8 da tarde, terá lugar nesta biblioteca a presentación do libro: "A peito descuberto. Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño". Este fabuloso libro foi realizado por Yago Rodríguez Yáñez, escritor e profesor que, ademais, exerceu como profesor neste Instituto hai uns anos.
É para nós un pracer que esta presentación (en colaboración coa galería Sargadelos) se realice nesta biblioteca que leva o nome do poeta louzarino sobre o que versa o libro e que tan boa relación tivo connosco e con este Instituto.
Estades invitados.

No hay comentarios: