Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 15 de noviembre de 2013

Presentación do libro sobre Fiz Vergara

Foi unha honra para esta biblioteca que Yago Rodríguez Yáñez, excompañeiro de labores docentes neste Instituto, presentase na nosa biblioteca o seu libro "A peito descuberto (Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño)". Ademais de Yago interviron no acto Luis López Melle, Eduardo Rey e Jaime Félix López Arias. E tamén tomou a palabra Alfonso Blaco Torrado en representación da AC Xermolos de Guitiriz, editora do libro. Cinco alumnos de 3º de ESO participaron no acto recitando algúns poemas de Fiz. Para os que levamos anos traballando nesta biblioteca foi un acto moi emotivo, no que tamén estiveron presentes as dúas irmás do poeta louzarino. Tamén queremos amosar o nosa agradecemento á Galería Sargadelos e á Imprenta Galicia por querer usar esta biblioteca para esta presentación e polo seu traballo na elaboración de carteis, invitacións e marcapáxinas.

1 comentario:

Lucía López, 2º Bach. dijo...

Que mágoa non poder estar, para outra será!