Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 7 de octubre de 2013

Libros para outubro

Temos xa as recomendacións lectoras en marcha, así que, xa sabedes, comezade a recomendar lecturas para este mes de outono que xa temos enriba por medio dos vosos comentarios a esta entrada, e cada mes á entrada correspondente. Achegádevos á biblioteca e pedide a cartilla de bibliopuntos coa que poderedes acceder a libros, películas, unha excursión a Padrón e ata unha mochila dixital.
Veña, axiña, que xa temos ganas de ler as vosas recomendacións e de mercar moitas novidades que están agardando por todos nós.

5 comentarios:

JMMC dijo...

La Sima del Diablo y Cantares Gallegos,
una novela sobre mi tierra natal y un clásico de la literatura gallega; perfectos para comenzar el curso.
Tratando el primero sobre una antigua leyenda canaria,el viaje de un adolescente de la Peninsula y una isleña que descubren grandes misterios antiquísimos.
El segundo,sobre el sentir del pueblo gallego durante el Rexurdimento y uno de los pocos recopilatorios de la cultura gallega tras los Siglos Oscuros.Obras imprescindibles

Jose Manuel Merino de Castro 3°E.S.O.

JMMC dijo...

El asesinato del profesor de matematicas,un libro del gran autor Jordi Serra i Fabra,sobre unos alumnos con esta conflictiva materia suspendida, y que el profesor para aprobarla, les propone un juego.
Al día siguiente el profesor es asesinado pero el juego da pistas sobre el asesino...
¿Quien será el asesino?¿Conseguiran descubrirlo a tiempo?
Una gran obra con sorprendente final

José Manuel Merino de Castro 3º ESO

Teresa dijo...

Os dous de sempre: novela do autor Alfonso Rodríguez Castelao. Nela fálase de diversos aspectos de comezos do século XX, como a emigración a outros países, o caciquismo... Os dous personaxes principais desta obra (Pedriño e Rañolas) son contrapostos, xa que un é un conformista ao que todo lle vale e non sirve de moito e outro e un inconformista con varios obxectivos na vida. Sen duda é unha obra moi completa, dun dos mellores autores galegos como é Castelao que ademais de escritor, era debuxante das súas obras e participou na elaboración do proxecto do Estatuto de Galicia.
Teresa López García 4º E.S.O

Lucía López, 2º Bach. dijo...

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, Castelao.
Os vellos non deben de namorarse é unha obra teatral que narra tres lances diferentes. En cada historia atopamos unha trama distinta pero que marca as mulleres protagonistas cunhas características claves, o egoísmo e o afán de riqueza por medio dun casamento sen amor, só interese.
Os protagonistas son tres homes, que tras as experiencias levadas a cabo coas súas parellas, chegan ao acordo de que o namoramento das rapazas levounos á morte. É un libro doado de ler e moi entretido, é unha opción perfecta para unha tarde de choiva. Recoméndovolo!

Lucía López, 2º Bach. dijo...

ROAD TO NOWHERE, John Milne.
The story takes place in Un Khalid. It starts when the main character, a boy called Faisal, was going to the market in a town. It tells the story about a new road. It was built in the middle of town.
I would recommend it because I like the story which is related in this book. It is an easy book and it helps me to learn. You should read it!