Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 9 de mayo de 2013

E volveron marchar os lectores electrónicos


Os lectores electrónicos van e volven á biblioteca con gran éxito entre os que os proban, que xa empezan a comentar as vantaxes destes aparatiños. Ao principio, todos os mirabamos con certo receo, pero logo a cousa é tan sinxela que ler é aínda máis doado. Cada vez que saen, levan máis libros dentro. Nesta ocasión, marcharon xa cargados con corenta e oito en castelán e galego, e seica caben máis de mil. Mi madriña!!!!!!!
Como vedes nas imaxes, os afortunados desta vez foron Braulio López (1º ESO), María González (2º ESO A), Alba González (2º ESO B)e Verónica Arias (1º Bach A).

No hay comentarios: