Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 11 de abril de 2013

O escritor Xosé Miranda, de novo entre nós


O Departamento de Lingua e Literatura Galegas do IES Gregorio Fernández de Sarria organizou novamente un encontro co escritor Xosé Miranda o pasado 10 de abril, no que o autor impartiu dúas charlas enmarcadas no proxecto “O autor fala da súa obra”.
Nesta ocasión ás 12:25 h. tivo lugar o encontro co alumnado de 1º de ESO que xa lera a súa obra "Pel de lobo". O autor respondeu ás preguntas que o alumnado lle foi facendo ao longo de toda a hora dun xeito moi participativo no que se fixeron un bo número de comentarios arredor do lobishome, Romasanta, hermafrodita, e outros conceptos relacionados co personaxe da obra citada.
A continuación, o escritor e profesor Xosé Miranda acudiu á aula de 4º de ESO, onde falou da súa novela "Morning Star", e se debatiu sobre Benito Soto, Morning Star, a Burla Negra, a Revolución de 1846, Murguía...
As dúas charlas foron ben acollidas por parte do alumnado e resultaron un novo achegamento á literatura dun autor moi próximo en tódolos sentidos.

No hay comentarios: