martes, 19 de febrero de 2013
Día de Rosalía
O próximo 22 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía en colaboración coa Asociación de Escritores en Língua Galega no noso instituto cun acto moi participativo no que agardamos gozar da poesía e achegarnos un pouco máis á lírica da poetisa galega por excelencia. Contaremos coa presenza e participación dos escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo en representación da AELG.
Entretanto, botade unha ollada a todos estos recursos que a biblioteca da Escola de Educación Infantil Barrionovo pon á nosa disposición, ao blog das bibliotecas escolares galegas e ás obras que podedes ver no expositor da entrada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Unha vez máis achegámonos a poesía... Eu recitarei un pequeno poema de Rosalía, publicado no libro de Follas Novas.
Alí vos espero...
Publicar un comentario