Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 11 de diciembre de 2012

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

Desde a biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" queremos apoiar a iniciativa Recitando a Celso EmiliO impulsada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. A proposta alude moi directamente ás Bibliotecas Escolares, como núcleos de dinamización da lectura e da cultura entre os máis novos e faise extensivo a asociacións, institucións e cidadanía. Conmemoramos o centenario do nacemento de Celso Emilio, pero tamén colaboramos nun proxecto común e ilusionante na defensa da nosa lingua a través da palabra, facendo noso o contido do poema “Deitado fronte ao mar”. Dende a nosa humilde biblioteca animamos a participar nesta homenaxe,e a facer que cada centro, cada biblioteca, sexa un punto difusor do espíritu que inspira esta proposta. Noraboa ao IES "As Barxas" por este fermoso e dinámico vídeo e a súa xenerosidade por compartilo. Gústanos.

No hay comentarios: