Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 14 de diciembre de 2012

Mochilas para o Nadal e frases para lembrar

Acaban de marchar as mochilas que pasarán as vacacións e o Fin de Ano nas casiñas de Auria Aldea e Sergio López de 1º da ESO. Como vedes, posaron ben felices diante do panel de Frases do Día feito por iniciativa da profesora Virginia Basanta e que moito éxito está a ter. O mural vai crecendo cada día e son moitos os que se achegan a ler e comentar as grandes verdades alí escritas. Parabéns por esta iniciativa e que non decaigan as ganas de ler!

1 comentario:

Virginia dijo...

Moitas grazas por ceder este espazo. A verdade é que é un pracer desenvolver esta actividade e un escape persoal diario (case catárquico); ás veces cun sorriso, ás veces cun sentimento, ás veces cunha realidade cotidiá, ás veces cun xogo de palabras. En fin... as perlas van según o día coma min, coma nós. Apertas.