Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 7 de junio de 2012

Entrega de premios do IX Premio de narración "IES Gregorio Fernández"



A novena edición deste premio de natureza itinerante no que a entrega dos premios se refire tivo lugar o pasado 1 de xuño na carballeira de Cruz do Incio (Lugo). Presidiron o acto o delegado provincial de educación da Xunta de Galicia en Lugo, o representante da área de cultura da Deputación de Lugo, a alcaldesa do Incio, o director do IES “Gregorio Fernández” e a mantedora do acto, a poetisa da Pobra de Brollón Olga Novo. É de salientar a loubanza que a escritora fixo da lectura e da escritura como actos de máxima liberdade. Asistiron tamén varios directores dos centros educativos da zona, representantes dos concellos da comarca de Sarria e da Inspección Educativa.
Os relatos premiados publicarase novamente nun libro coa colaboración dos patrocinadores citados e as ilustracións serán elaboradas polos alumnos do IES “Gregorio Fernández” coa colaboración do departamento de Plástica.
Dende a biblioteca damos a noraboa a todos os premiados e animámosvos a ir pensando xa nos relatos para a décima edición!

No hay comentarios: