Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 14 de mayo de 2012

Correlingua 2012







O día 8 de maio tivo lugar, como vén sendo habitual, a actividade do Correlingua. Este ano participou nela o curso de 4º de ESO.
As alumnas e alumnos de cada un dos grupos realizaron as respectivas pancartas, coa idea de dar máis relevancia ao acto. Cada un dos grupos realizou a súa pancarta, participando no concurso a nivel da Comarca de Lugo.

Dicir que a actividade desenvolveuse con normalidade, facendo o percorrido habitual e logo participando nos actos lúdico-festivos que se desenvolveron na Cidade de Lugo. Coa actuación de Iria Sobrado e Xenderal. Lectura do Manifesto por parte do escritor Paco Martín. É de salientar tamén a actuación do alumnado do IES da Fonsagrada, sendo gañadores de varios dos premios.
Pensamos que o alumnado participou con satisfacción na actividade.

No hay comentarios: