Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 2 de enero de 2012

“Mención de Honor” nos “Premios Nacionales de Fomento de Lectura de Prensa” do Ministerio de Educación

O traballo titulado “Fomentando la lectura de prensa desde la biblioteca” e elaborado polos profesores Raquel Arias Arias e Eduardo Rey Moure foi recentenmente galardoado cunha mención de honor nos Premios Nacionales de Fomento de Lectura de Prensa do Ministerio de Educación para o ano 2011.
O traballo recolle todas as iniciativas impulsadas dende a nosa biblioteca nos últimos cinco cursos e nas que alumnos e profesores usaron a prensa escrita como elemento de traballo e nas que posiblemente e dun ou doutro xeito se implicaron máis de trescentas persoas.
Congratúlanos recibir este recoñecemento e levar o nome do IES “Gregorio Fernández” e os proxectos e realidades da nosa biblioteca un pouquiño máis aló das nosas fronteiras. Como este galardón non ten dotación económica non podemos invitarovos a outra cousa que non sexa seguir lendo, así que quedámonos cos moitos parabéns recibidos e os nomeamentos feitos, xa que falaron de nós no BOE, na web da Consellería de Educación e máis no diario El Progreso.

Dende a biblioteca desexámosvos un 2012 cheo de lecturas e boas novas e non olvidedes o que xa dixo Cervantes no Quixote: “ el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho”.

2 comentarios:

bibliofiz dijo...

En realidade o mérito é de Raquel, eu sei "de boa tinta" que Eduardo só pasaba por alí nese momento. A mención de honra debe ser toda para a xefa, que por algo é a xefa, non si?
O blogueiro impertinente.

Maria dijo...

Parbéns, Bibliofiz, parabéns Raquel por ese grande traballo, calado, mais firme.
Abrazo e forza para seguir.
Maria