Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 4 de noviembre de 2011

III Certame escolar de murais co gallo do 25 de novembro

O 25 de novembro hai que recordar unha vez máis que é o Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres.
Dende a Delegación de Benestar Social do Concello de Sarria convocan o III Certame Escolar de Murais, e sabedores dos e das grandes artistas que temos no noso instituto, queremos animarvos a participar.
Tedes as bases no taboleiro da entrada da biblioteca. Os traballos serán por grupos dun máximo de tres persoas. O prazo remata o 22 de novembro ás 14:00 horas, así que non o deixedes pasar, que hai bos premios para estos tempos de crise.

No hay comentarios: