Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 10 de octubre de 2011

Superlópez e a caixa de Pandora.


Co novo curso chegaron unha morea de novos alumnos que non paran de bulir pola biblioteca, miralo todo e ler moito. Como bos lectores que son, comentan o que len, polo que cada vez que manda unha crítica sobre algún libro da biblioteca gañan un bibliopunto, ademáis de moita diversión e ven publicados os seus comentarios.
Inauguramos tempada coa recomendación de Iago Fernández López de 1º ESO A, que nos recomenda o tebeo Superlópez e a caixa de Pandora, ubicado na sección de tebeos da nosa biblioteca.
Este libro comeza dun xeito inesperado, o que lle da un toque de misterio que incita a acabar de leelo. Ese toque fai recordar ás grandes obras literarias escritas polo maestro Ibáñez coma: Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape e outra morea deles.
Ao chegar á metade o libro segue sendo moi divertido, entretido e curioso e fai que te intereses mais aínda pola lectura de contos deste tipo. Xa ao acabar de ler paréceche que acabaras de sair dun mundo fantástico e intentas volver ler outro conto desa mesma coleción.

1 comentario:

bibliofiz dijo...

Non vou falarvos de Superlópez, porque os "tebeos" que lía eu eran en branco e negro (como o cine) e tamén eran mudos (como o cine mudo), pero dicían cousas, sempre dicían moitas cousas e ao día seguinte dicían máis e tamén acababan tendo cores, milleiros de cores e... milleiros de historias increíbles, pero abraiantes, que nos agardaban alí na moreira de cómics do quiosco que iamos cambiar cada semana. E así comezamos a ler e a mergullarnos no espazo infindo que crean todas esas aventuras que non son máis que a vida vista a través das palabras que alguén decidiu compartir con nós.
E xa que aquí estamos, leamos!
O blogueiro impertinente (en plan "light")