Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 20 de octubre de 2011

Dúas películas moi recomendables?



A biblioteca pon á vosa disposición un bo número de DVDs para gozar en familia. Nesta ocasión, Iago Fernández López de 1º A fai a crítica de dúas películas de animación que poderedes atopar no noso recuncho audiovisual.
La verdadera pero cierta historia de Caperucita Roja película paréceme unha forma moi boa de converter unha historia de drama infantil nunha historia de comedia para que guste mais. O comezo é coma a historia de toda a vida pero o argumento é unha revolución na literatura e na filmografía, ademais dunha gran introduccion musical. Pareceume incrible a forma de converter uns personaxes tan clásicos nuns personaxes tan modernos. O final é inimaxinable, inesperado e incrible pois hai que ter imaxinación para terminar dunha forma tan impactante unha película.
Kiriku y la bruja paréceme que ten un argumento moi mal pensado e fáltalle algo mais de traballo. Está bastante ben pero faise algo pesado e aburrido. A metade é pésima e paréceme unha tontería. O final é interminable , cansado e inaguantable. É unha historia das peores que vin. As persoaxes están mal pensadas e fanse moi pero que moi pesadas.

No hay comentarios: