Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 15 de septiembre de 2011

Tempo de cambiar e reiniciar


Reinicimos curso e moitos cambian de centro e de localidade. Seica xa somos máis maiores, ou polo menos iso parece, así que un ano máis novas caras, novas ilusións, moitos nervios e novos libros. Dende a biblioteca queremos tendervos unha man para que o camiño sexa máis sinxelo. Cómo? Cando queras saber máis ou ler sobre algo que te interesa pregúntalle á bibliotecaria, quedarás abraiado sobre o moito que temos. Dende libros de todo tipo, revistas, música e películas de calidade.
Nesta xanela que é o noso blog iremos colgando fotos das actividades culturais, vídeos e publicando cousiñas de interese cultural e educativo. Invitámosvos a participar cos vosos comentarios e suxestións, que de seguro enriquecerán este espazo.
Todos quereríamos ler máis e facer que os rapaces leran, o cal non é sinxelo nos tempos que corren, xa que son moitas as novas tecnoloxías que de entrada chaman máis que un libro. Agardámosvos a tod@s: alumnos, pais, nais, profes e persoal non docente. Entretanto, consultade o noso catálogo premendo na bola de libros da parte esquerda desta páxina.

No hay comentarios: